A ACD Xove organiza unha xornada de actividade multiaventura o 9 de maio no RoqPark de Viveiro.

A ACD Xove organiza unha xornada de actividade multiaventura, que terá lugar o 9 de maio no RoqPark de Viveiro. Está pensada para nen@s e rapaces- zas, dende 1°de Primaria a 2° de BAC.

As actividades serán: circuitos árbores + Karts a pedais, con competicións e carreiras por equipos.

A inscricións poden facerse ata o 6 de maio en www.acdxove.com 

Desde a ACD Xove sinalan que “a idea é a de pasar toda unha xornada no RoqPark, así como no Monte San Roque, con posibilidade tamen de organizar unha ruta de senderismo familiar (pais/ fillos), con subida o Penedo do Galo. As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse ao teléfono: 618 97 61 59”.