Airiños do Xunco organiza unha semana cultural na praza do Souto, en Cervo, do 21 ao 24 de agosto.

A asociación cervense de Airiños do Xunco organiza unha Semana Cultural na Praza do Souto de Cervo para todos os veciños e visitantes que se queiranachegarao lugar.

As actividades comezaron este luns con debuxo infantil para os máis pequenos. Este martes 21 haberá hinchables, o mércores 22 xogos populares, o xoves 23 festa da auga e o venres 24 rematará a programación co concurso Master Chef Cervo.

Para inscribirse no concurso de Master Chef hai que faceloao longo da semana ben no número 600968344 ou ben nas propias actividades.