A asociación Burgo de Trasbar, de Cervo, desenvolverá moitas actividades ao longo do mes de decembro.

A asociación de veciños do Burgo de Trasbar de Cervo anuncia as súas actividades para o mes de decembro que iniciará o domingo 3, cunha reunión ás 11:30 horas no local social para tratar o irmanamento coa asociación de veciños Nostra Señora de Lieiro que terá lugar o 16 de decembro.

O venres 8, a partir das 18:00 horas, os socios adornarán o local social de cara ao Nadal.

O domingo 10, remata o prazo para anotarse ao acto de irmanamento con Nostra Señora de Lieiro que se celebrará o sábado 16 a partir das 14:00 horas.

O domingo 17, terá lugar a recollida de alimentos para colaborar con Cáritas de Cervo. 

O sábado 23, a partir das 16:30 horas, recibirán no local social a visita de Papa Noel e haberá unha merenda para os máis pequenos.

O domingo 31, desenvolverase unha xuntanza no local social entre as 18:00 e as 20:30 h. para brindar polo ano que se vai e polo que comeza.

O local social permanecerá pechado os días 24 de decembro e o 6 de xaneiro de 2018. Ademais os días 16 e 31 de decembro só se abrirá para as actividades programadas para eses días.