A asociación de veciños do Burgo de Trasbar, en Cervo, organiza diferentes actividades para o Nadal como unha recollida de alimentos e a visita de Papá Noel.

A Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar, de Cervo, organiza diversas actividades navideñas que deron comezo este xoves, 6 de decembro, cun obradoiro para adornar o local social de cara ao Nadal.

O domingo 16 haberá unha recollida de alimentos para colaborar con Cáritas de Cervo.

O domingo 23 terá lugar a visita de Papá Nöel ao local da asociación a partires das 16:30 horas.

O luns 31 celebrarase unha xuntanza no local social para despedir o ano e brindar polo 2019. Será entre as 19:00 e as 20:30 horas.