A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, organiza unha excursión ás Feiras e Festas de As San Lucas, en Mondoñedo, o 18 de outubro.

A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión ás feiras e festas de As San Lucas, en Mondoñedo. Será este xoves, día 18 de outubro, que é o día grande dos festexos.

A actividade inclúe a viaxe en autocar por 6 euros, 3 pola ida e outros tantos pola volta. A saída esta programada para as 10:00 horas desde a estación de autobuses de Ribadeo e fará paradas para recoller participantes en Vilaframil, A Devesa, Santiago de Reinante, San Miguel de Reinante, San Pedro de Benquerencia, San Cosme de Barreiros, Celeiro de Mariñaos, Vilamar e Lourenzá. A volta desde Mondoñedo está prevista para as 18:00 horas.  

Para máis información os interesados deben dirixirse á axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou ben chamar aos teléfonos 676.44.54.65 ou 982.87.74.70.