A axencia de viaxes ribadense Augasantas organiza unha excursión á Festa do Albariño, de Cambados, o 3 de agosto.

A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión á festa do viño Albariño, de Cambados, evento que está declarado de interese turístico internacional. A viaxe será o día 3 de agosto, sábado.

A actividade inclúe o desprazamento en autocar, o almorzo, a comida e seguro de asistencia de viaxe. O prezo é de 45 euros por persoa. 

Para a reserva de prazas desta excursión hai que dirixirse a axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou ben chamar aos teléfonos 676.44.54.65 ou 982.87.74.70.