A axencia de viaxes ribadense Augasantas organiza unha viaxe a Portugal do 17 ao 19 de maio.

A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha viaxe a Portugal, concretamente a Oporto, Aveiro, Coimbra, Óbidos e Fátima. Será do 17 ao 19 de maio, aproveitando a ponte do Día das Letras Galegas.

A actividade inclúe viaxe en autobús con saída desde Ribadeo e paradas nos lugares de costume, guía acompañante, seguro de viaxe, todas as excursións, circuíto en pensión completa, almorzo nun restaurante de Oporto, hoteis de 3 estrelas en Figueira da Foz e Fátima, cruceiro polo río Duero, visita a unha bodega en Oporto en guías locais nesa cidade e tamén en Aveiro, Coimbra, Óbidos e Fátima.

O prezo é de 199 euros por persoa en habitación dobre. 

Para a reserva de prazas desta excursión hai que dirixirse a axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou ben chamar aos teléfonos 676.44.54.65 ou 982.87.74.70.