Barreiros volve celebrar as Festas do San Bartolo os días 23 e 24 de agosto, tras o parón ocasionado pola pandemia da covid19.

Barreiros volve celebrar as Festas do San Bartolo, despois de dous anos de parón debido ao covid19. As festas son o 23 e 24 de agosto.

Hoxe, día 23, comezará as 20:30 horas cunha churrascada popular, coa ración a 12€ e música a cargo de Blanco y Negro, que repetirá na verbena xunto coa orquesta canaria Furia Joven. 

Xa o 24, o Día de San Bartolo, terá lugar ás 13:00 horas a misa solemne e procesión  na honra de San Bartolo. A continuación, sesión vermú a cargo do Dúo Belinda, que tamén actuará as 22:30 horas na verbena, xunto co grupo Beatriz. O peche da festa farase con un DJ convidado.