A Biblioteca Municipal de Burela convoca o Certame de Postais de Nadal 2020. Os traballos poden presentarse ata o 14 de decembro.

A Biblioteca Pública Municipal de Burela anuncia a apertura do prazo para a presentación de traballos ao Certame de Postais de Nadal 2020.

Poderán participar todos os nenos e nenas do concello en idade escolar. O prazo de entrega das postais rematará o día 14 de decembro, ás 20:00 horas, e deberán entregarse no andar baixo da Biblioteca Pública de Burela.

A temática dos traballos será o Nadal, a técnica libre e o tamaño aproximado de 15x21 cm. pechada e 30x21 cm. aberta. As postais terán que entregarse sen asinar, acompañadas dun sobre pechado dentro do que figurarán os datos do autor/a, teléfono, centro de estudo, curso e idade.

Establécense catro categorías: Educación Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria, 3º e 4º de Educación Primaria, e 5º e 6º de Educación Primaria. Haberá tres premios por cada categoría.