A Casa da Cultura de Burela acollerá o 18 de decembro o Concerto en Familia da Escola Municipal de Música.

Dentro da programación de actividades que organiza a  Escola Municipal de Música de Burela inclúese o xa tradicional Concerto de Nadal denominado Concerto en Familia.

Este vindeiro mércores, 18 de decembro, ás 20:00 horas no auditorio municipal da Casa da Cultura terá lugar o mencionado concerto.

Segundo explica o director da Escola Municipal de Música de Burela, Xan Carballal, “participarán neste recital alumnos de todas as idades, dende os nenos mais cativos ata os adultos por medio das agrupacións como son: banda, orquestra, coro, grupo de Jazz, de Rock…, etc”.

E engade que “como en anteriores ocasións o repertorio será variado. Incluiranse tanto obras clásicas como populares pasando polos temas propios destas datas”.