A Concellería de Cultura de Lourenzá organiza unha actuación do grupo Os Monifates o 23 de xuño no Ceip Juan Rey.

Este venres, día 23, a partires das 11 da mañá o CEIP Juan Rey, de Lourenzá,  acollerá unha actuación do grupo Os Monifates. Está organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Lourenzá e inclúese dentro do programa Cultura no Camiño.                        

O edil de Cultura, Manuel Arango, explicou que “farán dous pases: o primeiro será de carácter didáctico e o segundo consistirá nunha actuación musical con instrumentos tradicionais acompañados de monicreques”.