Concello e comisións organizadoras acordaron suspender todas as festas e feiras de gando que se ían celebrar en Xove durante o verán.

No Salón de Plenos do Concello o alcalde, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de Cultura, Dolores Meitín, mantiveron unha xuntanza coas comisións organizadoras das distintas festas parroquiais e patronais, festas gastronómicas e feiras de gando que se celebran en Xove. 

Debido ao problema do coronavirus acordaron suspender este ano a celebración das distintas festas e feiras, primando neste sentido a seguridade das persoas. Todos os participantes na xuntanza asumiron que a celebración dos distintos eventos suporía un risco sanitario moi alto, dado que a previsión é que se producirían grandes concentracións de persoas nestes eventos, tendo en conta tamén que se desprazarán moitas persoas a Galicia a pasar as vacacións, “xa que fomos os primeiros en saír do estado de alarma”.