A Delegación de Seguros Mapfre en Foz reabríu con nova dirección, a cargo de Maite López Rego.

A delegación de Seguros Mapfre en Foz, que está na Avenida de Álvaro Cunqueiro, número 25 acaba de reabrir con nova dirección, a cargo de Maite López Rego. Na oficina tamén traballa Lorena Seivane García, como xestora de clientes.

Maite López Rego, natural e veciña de Cangas de Foz, leva 15 anos traballando en Seguros Mapfre, labor que desempeñaba ata hai uns meses na delegación desta aseguradora en Burela.

A oficina de Mapfre en Foz está aberta ao público de luns a venres en horario de 09:30 a 14:00 e de 16:30 a 20:00. Os teléfonos de atención aos clientes son o 982.132.152 e o 619.24.96.60 e tamén poden contactar a través do correo electrónico lopemt@mapfre.com.