Do 11 ao 13 de novembro celébrase na Pontenova a VI Ruta da Troita de Vehículos Todoterreo.

A Pontenova acollerá do venres 11 ao domingo 13 de novembro a sexta edición da Ruta da Troita de vehículos todoterreo (coches, motos e quads).

O programa de actividades comeza o venres 11 coa presentación da ruta cuns pinchos. O sábado haberá unha ruta turística que sairá ás 09:15 horas. Tamén está programada unha verbena co grupo Fénix e o DJ Pedro Bermúdez. E o domingo haberá proba de obstáculos, que disporá de distintos recorridos en función da categoría do vehículo, e circuíto de velocidade para coches todoterreos e quads.