Do 14 ao 17 de agosto serán en Cervo as festas na honra da Nosa Señora, de San Roque e da Virxe do Carme.

A asociación cultural Rego Cachón organiza as festas na honra á Nosa Señora, San Roque e a Virxe do Carme que se celebrarán, en Cervo, dos días 14 ao 17 de agosto.
O mércores 14 ás 18:30 horas terá lugar a inauguración da Exposición de Manualidades. Ás 20:00 horas celebrarase a XIV edición da Festa do Ovo Frito e gran verbena co grupo Arizona.

O xoves 15 ás 13:00 horas será a misa solemne con procesión na honra á Nosa Señora e ofrenda floral aos mariñeiros, cantada polo Coro Parroquial de Cervo. Ás 14:00 horas haberá sesión vermú a cargo da orquestra Enigma, que tamén amenizará a verbena, a partir das 22:00 horas, xunto ao grupo Mariachi Estampas de México.

O venres 16 ás 12:30 horas celebrarase a misa solemne na honra a San Roque cantada polo coro parroquial de Cervo. Ás 14:00 horas, o grupo Alma Latina amenizará a sesión vermú e, a partir das 22:00 horas,  a gran verbena.

O sábado 17 ás 10:00 horas comezará o mercado tradicional. Ás 23:00 horas terá lugar a representación da XLI Queimada Popular de Cervo. Á unha da madrugada haberá concertos de Sin Tron Ni Son, A Compañía do Ruído, The Tetas Van e Malditos Pendejos.

O luns 19 comezará a Semana Cultural Airiños do Xunco con actividades como debuxo infantil, inchables, xogos populares, festa da auga e máster chef Cervo. Terán lugar ata o venres 23 na praza do Souto ás 18:00 horas.

Colaboran na organización destes festexos: Concello de Cervo, Comunidade de Montes A Bidueira, S.D. Cervo Sargadelos e A.C. Airiños do Xunco.