Do 18 ao 20 de maio terán lugar as Festas de Obispo Santo na parroquia focense de San Martiño. Haberá misa, sesións vermú e comida.

Os días 18, 19 e 20 de maio terán lugar as Festas de Obispo Santo en San Martiño, en Foz, a carón da ermida de San Gonzalo.

O venres a festa-verbena estará amenizada polas orquestras Nueva Banda e Jerusalén.

O sábado ás 13:30 horas celebrarase a misa e despois haberá sesión vermú co grupo Taxi. Na festa-verbena actuarán o grupo Taxi e a orquestra New York.

O domingo ás 13:00 horas terá lugar a misa, seguida de sesión vermú.

Durante os tres días haberá pulpo, xamón cocido e churrasco servido pola pulpería A Rochela, de Vilalba.

Os festexos están organizados pola asociación cívico-cultural Obispo Santo coa colaboración do Concello de Foz.