Do 2 ao 4 de febreiro celébranse na parroquia cervense de Rúa as Festas da Calendaria. Haberá misa, procesión, sesión vermú e verbenas.

Este venres, 2 de febreiro, comezan as Festas da Candelaria na parroquia de Rúa, no concello de Cervo, que se prolongarán ata o vindeiro domingo, día 4.

Hoxe, venres, a partir das 22:00 horas, haberá verbena coas orquestras Ritmo Joven e Capitol.

O sábado, 3 de febreiro, ás 13:00 horas terá lugar unha misa cantada e procesión. A continuación celebrarase unha sesión vermú coa orquestra Compostela, e pola noite a verbena estará amenizada polas orquestras Compostela e Panamá.

O domingo, 4 de febreiro, ás 13:15 horas haberá unha misa cantada e procesión, e a continuación a sesión vermú coa orquestra Abanico que volverá a actuar na verbena a partires das 20:30 horas. 

Os festexos terán lugar nunha carpa pechada con calefacción.

Estas festas da Candelaria están organizadas pola comisión de festas de Rúa coa colaboración do Concello de Cervo e a Comunidade de Montes Veciñais.