Do 22 ao 26 de xuño celébranse en Covas, Viveiro, as festas na honra a San Xoán. Haberá lumeirada, sardiñada e moita música.

O 22 ás 14:00 horas haberá sesión vermú co grupo Arizona, que tamén amenizará a verbena, a partires das 23:00 horas, xunto a Disco Móvil Chocolate.

O 23 ás 14:00 horas celebrarase a sesión vermú coa orquestra Saudade, que ademais estará na verbena desde as 22:30 horas xunto a Tango. A partires das 00:00 horas haberá unha gran lumeirada.

O luns, 24 de xuño, ás 11:00 horas haberá pasarrúas coa banda de gaitas Cacharela de Covas; e ás 13:00 horas misa solemne, procesión e sesión vermú coa orquestra Costa Dorada, que tamén actuará na verbena co grupo Cañón.

O martes, día 25, ás 11:00 horas percorrerá as rúas o grupo musical Non cho digo; e ás 14:00 horas haberá sesión vermú coa orquestra Solara, que volverá actuar á noite na verbena. Ademais ás 20:00 horas celebrarase unha gran sardiñada amenizada coa música de gaita de Cacharela e Non cho digo.

O  26 será o Día do Neno con atraccións no campo da festa a prezos populares.

O Concello de Viveiro colabora na organización destes festexos coa comisión de festas deste ano.