En Xove están abertas as inscricións para participar na Concentración de Vehículos Clásicos e no Encontro de Palilleiras, que se celebrarán nos vindeiros meses.

A segunda edición da Concentración de Vehículos Clásicos e Históricos celebrarase en Xove o 29 de setembro.

As persoas interesadas en participar neste encontro poden facer a súa inscrición a través dos números de teléfono 652 36 46 10 (Javier Fernández) e 689 74 52 18 (Manuel Cora). Tamén pode realizarse no facebook Autoclásico da Mariña Lucense. O custe é de 25 euros por persoa.

Xove tamén acollerá o IX Encontro de Palilleiras o día 6 de outubro. As persoas que queiran participar poden facer a súa inscrición no propio Concello, no número de teléfono 982 59 20 01, ou no 982 59 26 86 e no 679 89 42 19. O prazo remata o 20 de setembro. En canto aos vendedores que queiran participar na feira cos seus produtos, tamén teñen de prazo ata o 20 de setembro, e deben facelo por correo electrónico no e-mail encontropalilleiras@xove.es