A exposición "Hai mulleres" do artista mariñán Alfonso Otero Regal pódese visitar no Castelo de Castrodouro, en Alfoz, ata finais de abril.

Ata finais de abril está aberta no Castelo Castrodouro, de Alfoz, a exposición “Hai Mulleres”, do artista mariñán Alfonso Otero Regal. A mostra foi inaugurada onte. 

A exposición está composta por 52 pezas, nas que se mestura poesía, prosa, plástica e escultura. O proxecto conta coa colaboración de 33 autores que realizaron escritos relacionados co nome dunha muller, acompañados por unha peza de Otero Regal, cadro ou escultura, coas que o autor quere homenaxear a todas as mulleres.

Durante o mes de abril o horario de apertura do Castelo do Castrodouro será sábados e domingos de 11 a 14 e de 16 a 19 horas e horario especial de apertura durante a Semana Santa permanecendo aberto martes 16 e mércores 17 de 11 a 14 horas; e xoves 18, venres 19, sábado 20 e domingo 21 de 11 a 14 e de 16 a 19 horas.