A II Carreira de Montaña As Minas da Pontenova terá lugar o 12 de marzo. A inscrición está aberta.

A Asociación As Minas e o Concello da Pontenova organizan a II Carreira de Montaña As Minas o vindeiro 12 de marzo de 2023.

A proba deportiva consta de media maratón, 10 quilómetros e andaina. Para participar será necesaria a previa inscrición, que ten un prezo de 15 euros para a media maratón, 8 para os 10 quilómetros e a andaina será gratuíta. O prazo de inscrición rematará o 8 de marzo.

Todas as persoas que desexan obter máis información poden dirixirse á web carreiras galegas. A proba transcorrerá pola zona das antigas minas.

Haberá trofeo aos tres primeiros clasificados absolutos masculinos e femininos da carreira de 21km e 10km, ao vencedor de cada categoría masculina e feminina da distancia de 21km, e unha medalla ao 2º e 3º clasificado de cada categoría masculina e feminina no 21km.

A praza dos Fornos será o escenario para saída e tamén para a meta.