A IX Ruta de Enduro Medela terá lugar o 11 de marzo con saída e meta na praza dos Campos en San Ciprián.

Medela Mtto organiza a IX Ruta de Enduro Medela este domingo, 11 de marzo, a partires das 9:30 horas.

A saída e a meta estarán situadas na Praza dos Campos en San Cibrao.

O percorrido ten unha lonxitude de 38 quilómetros, cun desnivel acumulado de 1.400 metros e unha dificultade media-alta.

A proba conta co patrocinio de Cerezo Bikes, Alcoa Fundación, Rodabell, Mobilimp, a Área de Deportes da Deputación de Lugo e o Concello de Cervo.