Mariña Patrimonio organiza unha charla sobre "Círculos invisibles da idade de bronce". Será o 30 de outubro na Casa da Administración de Sargadelos.

A asociación sociocultural Mariña Patrimonio retoma as actividades presenciais organizando a conferencia a cargo dos arqueólogos Pilar Prieto e Luis Cordeiro. Esta actividade, que conta coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo, terá lugar o sábado, 30 de outubro, ás 18:00 horas na Casa da Administración / Museo Histórico de Sargadadelos.

Os círculos, sobre os que Pilar Prieto e Luis Cordeiro levan anos investigando, son un tipo de xacementos arqueolóxicos dos que se comezou a ter noticia da súa existencia en Galicia a partir da escavación de A Roda de Barreiros en 2006.  Na Mariña, ademais de A Roda de Barreiros, figuran no catálogo de bens patrimoniais da Dirección Xeral de Patrimonio as estruturas circulares de A Mourisca de Cervo e a Lavandeira de Xove, descubertas pola asociación Mariña Patrimonio en 2014 e 2015 respectivamente.

Este tipo de xacementos arqueolóxicos, que se están descubrindo ultimamente por todo o territorio galego, constitúen unha auténtica novidade no panorama arqueolóxico de Galicia.