Mondoñedo acolle novas actividades dentro do programa Seráns de Lecer os xoves 22 e 29 de agosto.

O xoves día 22 terá lugar a actividade Bicicleta en familia, con saída na Praza da Catedral ás 20:00 horas. Media hora despois haberá ruada polas tabernas da cidade mindoniense co grupo Xaramolo, ás 21:00 comezará un espectáculo musical a cargo do dúo Aroma é para as 22:00 horas está programada unha observación astronómica pública O Camiño das Estrelas na Praza do Concello. Para participar nesta última actividade hai que inscribirse nos Servizos Sociais do Concello.

E o día 29 para ás 20:00 horas está programado o Festivaliño on the road, que é cine itinerante de curtas infantís. E ás nove e media da noite empezará un concerto a cargo do grupo Plan B. Estas actividades terán lugar na praza do Concello mindoniense.