Na Pontenova organizan unha paella popular o 29 de xullo. Será na praza dos Fornos.

O C.I.T. A Pontenova coa colaboración do Concello organizará unha paella popular o vindeiro 29 de xullo. Este evento gastronómico realizarase na Praza dos Fornos as 22:00h.

As persoas interesadas en acudir deberán retirar as tarxetas en Bar Barreiros, Bar Puente, O Lar de Balbina ou en Bar Lennon, antes do 27 de xullo.

O prezo será 12€ para os non socios e gratis exclusivamente para os socios que sexan cabeza de familia ou fill@s menores e dependentes economicamente deles. Os socios deben igualmente retirar unha tarxeta por persoa.