No Complexo RegalXunqueira, de Viveiro, Pepe Viyuela presentará o 27 de marzo o seu último libro. Tamén se inaugurará unha exposición de pinturas e ilustracións.

O complexo cultural RegalXunqueira en Viveiro acolle o martes, 27 de marzo, a presentación do último libro do actor Pepe Viyuela. O acto dará comezo ás 18:00 horas e terá lugar no auditorio do Regal Xunqueira.

Ademais inaugurarase unha exposición de pinturas e ilustracións dos libros La baba del caracol de Carlos Boves e Bare nostrum de Ezequías Blanco e Evaristo Delgado. Esta mostra permanecerá ata mediados do mes de abril.