Noite de maxia e hipnose o 28 de decembro en Viveiro con Jeff Toussaint e o Mago Rafa. Será no Teatro Pastor Diaz.

Este venres, 28 de decembro, preséntase o espectáculo La magia del mago Rafa, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro, ás 20:30 horas.

A obra, dirixida ao público adulto, corre a cargo do propio mago Rafa e do hipnotista Jeff Toussaint.

O autor é Rafael Pereira Rodríguez e a dirección e adaptación corresponde a Abracadabra.
A venda de entradas será na taquilla do teatro, unha hora antes do comezo da representación.