Nordés organiza unha vídeo conferencia sobre "Os cabozos de Suegos (O Vicedo)". Será o 2 de maio pola tarde a cargo de Aurelia Balseiro.

Nordés, a Asociación de Desenvolvemento das Terras da Faladora,  organiza a terceira vídeo conferencia titulada Os cabozos da parroquia de Suegos (O Vicedo), que terá lugar este sábado, 2 de maio, ás 19:00 horas.

Nesta actividade viaxarase ao século XIX da man de Aurelia Balseiro, directora do Museo Provincial de Lugo, museóloga e natural desa parroquia. Valorarase as diversas formas que toman os cabozos na parroquia de Santa María de Suegos, no concello de O Vicedo: mariñán, asturiano, tipo Ribadeo e mixto. Unha convivencia que converte a Suegos nun lugar excepcional nestas construcións feitas para gardar trigo, millo ou moitos outros alimentos esenciais na dieta de cada momento. Na videoconferencia abordarase este elemento da arquitectura popular de Suegos coa fin de dar a coñecer e conservar a cultura e sabedoría ligada a ela.

A conferencia pode seguirse a través do Jitsi Meet, onde se poderá interactuar con Aurelia Balseiro, ou en directo na canle de Youtube o mesmo sábado.

É preciso anotarse en asociación.nordes@gmail.com ou enviando unha mensaxe ou chamar ao 620 417 848. O prazo remata o venres 1 de maio, ás 14:00 horas. As persoas que se apunten o mesmo día da recibirán un enlace para participar na charla o sábado, 2 de maio. Ademais o venres ás 19:00 horas farase unha proba de conexión para comprobar que todo funciona correctamente.