O 12 de marzo haberá unha sesión de autocine en Ourol. Vaise proxectar Sicixia, de Ignacio Vilar.

O Concello de Ourol organiza unha sesión de autocine o 12 de marzo ás 21:00 horas na explanada do edificio multiusos, onde se proxectará a película Sicixia, de Ignacio Vilar.

Esta cinta obtivo o galardón ao mellor filme estranxeiro no Festival de Houston en 2017 e á mellor actriz para Marta Lado no Festival Cinespaña de Tolosa en 2016. O reparto está encabezado pola propia Marta Lado e Monti Castiñeiras.

Para asistir é necesario reservar entrada en www.autocine.gal ou chamando ao teléfono 982 55 91 09. A entrada é gratuíta.

A apertura do recinto será ás 20:00 horas e a entrada é por coche sen importar o número de usuarios. O aforo está limitado a corenta vehículos.