O 12 de outubro celebrarase a XXXII Feira do Mel do Valadouro e o Mercado de Outono.

O Concello de O Valadouro organiza a XXXII Feira do Mel e Mercado de Outono que se celebrará o vindeiro sábado,12 de outubro.

Ás 10:00 horas procederase á apertura da Feira. Ás 11:00 horas dará comezo un showcooking, que se prolongará ata ás 14:00 horas con demostración de receitas de cociña, e tamén de 11:00 a 12:00 horas haberá unha degustación de castañas asadas.

Ás 12:00 horas haberá pasacalles coa asociación Amado Lar O Valadouro e comezará a ruta de tapeo, xa que os locais hostaleiros da vila ofrecerán tapas elaboradas con produtos típicos de outono. Ás 14:00 horas celebrarase o sorteo dun lote de produtos doados polos postos da feira. Ás 15:30 horas terán lugar actividades infantís e ás 18:00 horas unha degustación de freixós con mel. 

Ás 19:00 horas procederase á clausura da feira co sorteo dun lote de produtos doados polos postos da feira. Ás 19:30 horas haberá pasacalles a cargo de Festicultores Cultivadores de Festa e seguirá a ruta de tapeo.

A base do cartel anunciador da XXXII edición da Feira do Mel (Mercado de Outono) está elaborado por Maia García e Candela Riveira, alumnas de 6º curso do CEIP Santa María do Valadouro.