O 13 de xullo darán comezo en Mondoñedo os "Seráns de Lecer", unha novidosa iniciativa que pon en marcha o Concello.

O vindeiro xoves, 13 de xullo, darán comezo en Mondoñedo os Seráns de Lecer, que terán lugar os xoves durante o verán.

Trátase dunha novidosa iniciativa que pon en marcha o Concello mindoniense e que está prevista para as 20:00 horas. Deste xeito a entidade local amplía a súa oferta lúdica para estes meses de verán. 

Seráns de Lecer estará formada por diversas actividades de teatro e música, así como por outras accións destinadas a humanizar as rúas e que xente poida gozar das actuacións.