O 16 de novembro terá lugar na Pontenova o I Workshop organizado polo Concello. A inscrición está aberta.

O vindeiro 16 de novembro celébrase en A Pontenova o primeiro Workshop organizado polo Concello pontenovés.

Un evento no que o turismo é o protagonista, con axentes invitados de toda Galicia para compartir as súas experiencias e xerar sinerxias. Para participar é preciso inscribirse, totalmente gratis. 

Desde a organización indican que “se estás vinculado ao sector turístico en A Pontenova, esta é a túa cita. Neste Workshop destacaremos todo o feito e o que está por vir no turismo da zona, e ti tes moito que contar. Terás o teu espazo e momento para expoñer o que ofreces e conectar con diversos axentes. E se non podes asistir, pero queres participar, pódelo facer vía streaming!Ademais, tamén nos podes enviar o teu material á nosa oficina de turismo para compartilo cos asistentes”.

Máis información e inscricións en  https://bit.ly/3U5K6nj