O 17 de decembro terá lugar no Valadouro unha gala benéfica para recadar fondos a favor de Cáritas.

O grupo humorístico Trípode organiza unha gala benéfica para recadar fondos a favor de Cáritas. O evento terá lugar na Casa da Cultura Manuel Lourenzo de Ferreira do Valadouro, o domingo 17 de decembro, ás 18:00 horas, coa colaboración do Concello do Valadouro.

É costume que o grupo Trípode represente unha das súas obras e que estea acompañado por unha actuación musical. Nesta ocasión o grupo Trípode representa a súa obra Cousas de vellos, e os encargados da parte musical son os compoñentes de Xuntanza Musical que está formado polos músicos mariñáns: José Ramón Rico (Lourenzá) – saxo tenor, Manolo Cabaleiro (Moucide) –saxo alto, Remigio Vizoso (San Pedro de Mor) –batería, Esperanza Pérez (Viveiro) – percusións, Lino Rico (Lourenzá) – acordeón, e Antón Expósito (Lourenzá) –saxo alto-. O repertorio que interpretarán será como o das orquestras dos anos 50, 60 e 70, composto por pasodrobres, valses, cumbias, boleros, cha-cha-chás, fox- trots, merengues…, pero adaptado a esta formación.