O 20 de maio terá lugar unha ruta e encontro na Pontenova. Está organizada por Os Sendeiros de Foz. Para acudir é preciso anotarse.

Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta e encontro en A Pontenova o domingo 20 de maio.

A saída será ás 8:30 horas da Praza de Galicia, e o prezo é 10 euros para os socios federados, 15€ para os socios non federados e 20 euros para os non socios (xantar incluído).

Para participar é obrigatorio anotarse no e-mail-ossendeiros@yahoo.es. Máis información nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017. O prazo para inscribirse remata o mércores 16 de maio.

Os organizadores recomendan levar equipo de sendeirismo e informan que a dificultade da ruta é media.

Colabora con esta actividade o Concello de Foz.