O 20 de setembro celébrase en Celeiro a II Festa Gastronómica do Chicharro. Haberá deporte, chicharrada e música.

Este venres, 20 de setembro, celébrase a II edición da Festa do Chicharro en Celeiro.

Ás 19:00 horas haberá partido de solteiros contra casados.

Ás 20:00 horas dará comezo a chicharrada polos bares colaboradores. Cada establecemento elaborará unha ración de chicharro ao seu estilo, ao prezo de 2 euros cada ración.

A organización porá a venda vales para o sorteo dun xamón.

A xornada estará amenizada polo grupo de gaitas Foles de Viveiro.