O 21 de decembro terá lugar en Cervo o Concerto de Nadal, que será ofrecido pola Orquestra de Corda do Conservatorio de Viveiro.

O Concello de Cervo programa un concerto de Nadal que se celebrará este martes, 21 de decembro.

Este concerto correrá a cargo da Orquestra de Corda do Conservatorio de Viveiro e terá lugar no auditorio da Casa da Cultura, a partir das 20:30 horas.

A actuación inclúese no ciclo A Caixa de Música, organizado pola delegación de Cultura do Concello de Cervo, que se iniciaba o pasado mes de outubro e que ofrece diversos concertos de música clásica e de bandas en diferentes puntos do municipio.