O 21 de outubro Nova Escena representará "Pensión 13" no Teatro Pastor Díaz, en Viveiro.

O vindeiro sábado, día 21, o Teatro Pastor Díaz acollerá a representación de “Pensión 13”, a cargo de Nova Escena. A cita enmárcase no proxecto Buxiganga, da Área de Cultura da Deputación de Lugo. A cita será ás 20:30 horas. 

O grupo Nova Escena xurde en 1997 a partir dun obradoiro de teatro organizado polo Concello de Lugo, constituíndose como asociación cultural en 2003. Desde aquela levan representado mais dunha decena de pezas teatrais, reivindicando co seu bo facer a importancia do teatro amador: Borralliña, O Decamerón, Lisístrata, A irmá María Ignacia explícavolo todo, Cinco mulleres co mesmo vestido, O Lirio, O inspector, A herdanza da tía Constanza, 2155, In Pacem, A apócema... Destacan ademais na súa traxectoria as súas participacións en animacións de rúa: A profetisa, A porta do sul...

Desde os seus comezos, levan un rexistro exacto das estatísticas de cada función, entre eles o do numero de espectadores. Dacordo con eses datos, a comezos de 2016 chegarían a un total de case 15 mil desde que comezaron a actuar.

Sinopse de “Pensión 13”: Unha pensión barata e o crisol onde se fusionan as personalidades dunha decena de personaxes xunguidos pola soidade. Entre eles, un enorme baleiro que as veces e enganado pola ilusión de compartir un prato de comida e un teito. As biografías dos protagonistas tecen unha reflexión sobre as motivacións daquelas persoas invisibles ás que adoitamos chamar marxinados.