O 23 de outubro haberá magosto popular en San Cosme de Barreiros, na praza do Concello.

A Praza do Concello de Barreiros, en San Cosme, acollerá un magosto popular este sábado, 23 de outubro, a partir das 20:00 horas.

Haberá castañas, chourizo e torrezmos, viño, cervexa e refrescos. E actuará o cuarteto de música tradicional Illa Pancha, de Ribadeo.

Este evento está organizado pola Asociación Cultural Irmandade Augas Santas coa colaboración do Concello de Barreiros e da Área de Cultura da Deputación de Lugo.