O 23 de xuño terá lugar no Valadouro o Foleón de San Xoán, que organiza o Concello. Haberá sardiñada e fogueira.

O Concello de O Valadouro a través da súa Concellería de Cultura organiza o Foleón de San Xoán o venres, 23 de xuño, a partires das 21:00 horas.

Os organizadores piden a colaboración co foleón aportando materiais non contaminantes para queimar durante a fogueira e dese xeito facer o foleón entre todos.

Ademais haberá sardiñada popular no parque Concepción Arenal de Ferreira.

Colabora na realización desta actividade a asociación cultural Amado Lar.