O 24 de novembro terá lugar en Burela o Día da Música, que organiza a Banda de Gaitas Dambara. Na cita participarán 13 grupos.

A Banda de Gaitas Dambara de Burela organiza o Día da Música que se celebrará o sábado 24 de novembro.

A xornada desenvolverase na antiga praza de abastos e actuarán os grupos bureleses da propia Banda de Gaitas Dambara, Batuko Tabanka, Acordeonistas da Mariña, O Xogaral, Ledicia, Raíces Peruanas de Burela, a Banda CCTT Sto. Inocencia de Teixeira, Eu Sond Band, a Coral Polifónica de Burela e Desiderio, Modesto, Nela e Hilario. Tamén intervirán neste Día da Música os grupos de Brisas del Navia de Medal (Asturias), Forget La France de Lugo e A Rebolaxe de San Ciprián.

Ao remate destas actuacións haberá unha foliada libre. Tamén terá lugar un xantar ás 14:30 horas e cea ás 21:00 horas. O menú do xantar estará composto por sopa de cocido, xamón cocido, chourizos, patacas, repolo, viño do país, sobremesas caseiras e café. Os tíckets estarán á venda ao prezo de 15 euros para os adultos e 10€ para os menores de 18 anos.