O 26 de febreiro celebrarase na Pontenova o Entroido de Tapeo e o 27 haberá carnaval infantil.

A.C.D. As Minas organiza, coa colaboración do Concello de A Pontenova, o Entroido de Tapeo que se celebrará o vindeiro sábado, 26 de febreiro.

Os bares do pobo ofrecerán tapas e pinchos dende as 20:00 horas e haberá sorteo de cestas de entroido para as persoas que asistan disfrazadas.

O domingo, 27 de febreiro, celebrarase un carnaval infantil organizado por C.I.T. A Pontenova coa colaboración do Concello de A Pontenova e a ANPA C.E.I.P. A Pontenova. A festa terá lugar no pavillón municipal Tito Margaride, a partir das 17:00 horas, con xogos, música, baile e taller de máscaras, entre outras actividades.

Turismo de A Pontenova organiza un concurso de fotografía, tanto para adultos como para os máis cativos. É moi fácil participar, segundo os convocantes, “sube a túa fotografía na app, na categoría correspondente, e consigue o maior número de votos posible”.