O 29 de setembro celébrase en Xove a II Concentración de Vehículos Clásicos e Históricos, na que se darán cita coches e motos de Galicia e Asturias.

Hoxe presentouse na Praza do Centro Cívico de  Xove a II Concentración DE Vehículos clásicos e Históricos, organizada pola Asociación Autoclásicos da Mariña Lucense,  nunha convocatoria  dirixida a coches e motos clásicos, na súa maioría de Galicia e Asturias.

A concentración vaise desenvolver en Xove o vindeiro sábado, 29 de setembro, durante todo o día.

A organización conta, para este evento, coa colaboración do Concello de Xove e o de numerosas casas comerciais de toda a Comarca.

Para realización desta xuntanza, fíxose unha convocatoria, que vai estar  aberta ata o mesmo día da concentración. Nestes momento as inscricións tanto de coches como de motos  van a moi bó ritmo.

O Programa de actividades vai ser o seguinte:
-De 9:00 a 11:00 horas.- Recepción e vehículos (coches e motos)  na Praza do Centro Cívico. Durante este período, todo o público asistente poderá admirar libremente os vehículos participantes, podendo ademáis compartir experiencias cos seus propietarios.
-Sobre as 11:30 horas:- Realización dun circuíto polo Concello, duns 10 km: saída do Centro Cívico cara a Vila, na parroquia de A Rigueira, continuando cara a Igrexa de San Miguel, en cuxa explanada se van ubicar os vehículos. Os participantes van aproveitar que é a Festa do San Miguel na Rigueira, co cal van poder participar na Misa e na Procesión, e visitar o fermoso entorno, coa área recreativa e a Ruta dos Muiños. Por parte da organización está previsto ofrecerlles un pequeno refrixerio na Área Recreativa.

A continuación a comitiva vai seguir cara o Cruceiro, para dirixirse á A Vara, pasando por Os Faroles, Igrexa de Xuances e baixada cara Area, onde tódolos participantes, sobor das 15:00 horas,  van disfrutar dun xantar no Restaurante Louzao.

Unha vez rematado o xantar, a organización ten prevista a entrega de PREMIOS, para finalizar co sorteo dunha serie de produtos doados polos establecementos comerciais colaboradores.