O 6 de agosto ábrese o prazo para levar os ananiños dos cabezudos que sairán polas rúas de Viveiro do 10 ao 15 de agosto.

O Concello de Viveiro abre este luns, 6 de agosto, o prazo para anotarse para levar os ananiños dos cabezudos que sairán dos días 10 ao 15 de agosto.

A convocatoria é para nenos e nenas con idades entre 6 e 12 anos.

O prazo está aberto ata cubrir as prazas. As inscricións realizaranse no Teatro Pastor Díaz, en horario de 9:00 a 14:00 horas, ou nos números de teléfono 982 560 162 e 982 560 128.