O 7 de outubro terá lugar en A Pontenova a 4ª Ruta Ecuestre Equus Norte. Haberá carreira de obstáculos e xantar, entre outras actividades.

A 4ª Ruta Ecuestre Equus Norte celebrarase en A Pontenova o 7 de outubro. O programa dará comezo ás 10:00 horas cun almorzo no Mesón A Mina e ás 11:00 iniciarase a ruta dunha distancia aproximada de 18 quilómetros. Ás 14:00 horas terá lugar o xantar e durante toda a tarde haberá sorteos coa a actuación de Discomóvil Blanco y Negro. As reservas poden facerse no Mesón A Mina no 982 336 049, no 649 932 318 (Juan), no 690 164 908 (Aitor) ou no 662 062 625 (Pepe). O prezo é de 25 euros.

Ás 16:00 horas celebrarase unha carreira de obstáculos a cabalo. Para aluguer de cabalos pódese chamar ao 620 302 567 (Moncho) e a organización comunica que cada xinete farase responsable dos danos ocasionados polo seu cabalo.