O CCA de Burela regala 500 euros na campaña do día da nai. O sorteo non presencial será o 12 de maio.

O Centro Comercial Aberto de Burela organiza unha campaña con motivo da celebración do Día da Nai, o domingo 7 de maio.

Baixo o lema Mímate Mamá sortea 500 euros en vales de compra. As papeletas para participar no sorteo entréganse coas compras realizadas nos establecementos asociados ao CCA  Burela, ata o mesmo 7 de maio.

Os vales de compra sorteados será para consumir nos sectores de Moda/Zapatería/Complementos, Hostelería, Peluquería/Estética, Relax/Spa/Masaxes e Dietética/Saúde.

O sorteo non presencial celebrarase o venres 12 de maio.