O Concello de Alfoz organiza actividades de Nadal na biblioteca municipal do 27 de decembro ao 4 de xaneiro.

Os días 27, 28, 29 e 30 de decembro e 3 e 4 de xaneiro, de 17:00 a 19:00 horas na Biblioteca Pública de Alfoz levaranse a cabo actividades de lecer dirixidas a nenas e nenos de 3 a 12 anos.

As prazas son limitadas e é necesaria inscrición previa, que se entregará na Oficina de Rexistro do Concello de Alfoz desde o 16 de decembro ata o 24 ou ata cubrir o total de prazas dispoñibles.

O primeiro día desta programación, o luns 27, participarán na actividade de elaboración de xabón e coñecemento dos lavadoiros públicos organizada pola asociación de veciños San Mamede das Oiras. E o resto dos días na Biblioteca terán obradoiros creativos, xogos, animación á lectura, etcétera.

Os interesados en máis información poden chamar ao teléfono 982.558. 001 (extensión 2).