O Concello de Cervo convida a veciños e visitantes a gozar das festas na honra de San Luis, en Figuerido, do 21 ao 23 de xuño.

O Concello de Cervo convida a veciños e visitantes  a desfrutar das Festas na Honra de San Luis, en Figuerido. 

A cita, organizada pola Asociación Socio-Cultural Ponte da Salgueiriña coa colaboración do Concello, será o 21, 2 e 23 de xuño.

A programación comezará o venres 21, a partir das 22:30 horas, cunha Gran Verbena a cargo do Grupo Pontevedra e o dúo Merengue.

O sábado, 22 de xuño, ás 9:00 horas, terá lugar o chupinazo que anuncia o inicio do día grande das Festas. Ás 11:00 horas haberá pasacorredoiras a cargo dos gaiteiros de Airiños do Xunco, de Cervo. Ás 13:30 horas terá lugar a misa solemne na honra de San Luis no campo da festa; e, a continuación, haberá sesión vermú a cargo do Grupo Alma Latina.

Á noite desde as 22:30 horas, haberá festa rachada a cargo do Alma Latina; e pechará o día grande das festas a Disco Móvil Decibelios.

Xa o domingo 24, desde as 17:30 horas, haberá demostracións e desfrute de xogos populares.