O Concello de Lourenzá celebrará o Día das Letras Galegas cun concerto do cantautor galego Tino Baz. Será o 19 de maio.

O concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, anunciou que “o cantautor galego Tino Baz ofrecerá un concerto no salón de actos do Concello de Lourenzá o sábado 19 de maio ás 20 horas. Tino Baz é un coñecido cantautor e músico de A Guarda (Pontevedra) que formou parte de grupos tan recoñecidos como A Roda e Treixadura. Actuou na clausura da primeira edición das Xornadas de Historia Local que se celebrou en xaneiro de 2017 na Fortaleza de Tovar”.

Este acto, que servirá para conmemorar o Día das Letras Galegas, está organizado pola Concellería de Cultura e subvencionado pola Deputación Provincial de Lugo a través do Plan Único.