O Concello de Xove amplía o prazo para inscribirse na Escola Municipal de Música. Non se fixou data de peche para facilitar esta tarefa.

O Concello de Xove decidiu ampliar o prazo para inscribirse na Escola Municipal de Música. Inicialmente remataba o 30 de setembro, pero agora non se fixou data de peche co fin de que todos os nenos e nenas e rapaces e rapazas poidan anotarse facilitándolle tamén ás familias as tarefas de inscrición.

Todos os alumnos e alumnas que queiran preinscribirse deberán pasar polo Rexistro Municipal, en horario normal de oficinas. Tamén poden realizar esa preinscrición online, a través da páxina web do Concello: www.xove.es.  Unha vez que o alumno ou alumna se preinscriba terá que presentar, nos tres días seguintes, no Rexistro Municipal, a seguinte documentación: o DNI do alumn@ e da persoa que realice a inscrición e o comprobante de ter feita a transferencia bancaria de 50 euros, en concepto de matrícula por alumn@, no número de conta ES26-0238-8166-9606-6000-0173 do Banco Santander. Esta documentación tamén poderá presentarse a través dos e-mail carolina@xove.es ou xulianogueira@gmail.com.  A formalización da matrícula por parte dos admitidos/as será requisito imprescindible para poder asistir ás clases.

Esta preinscrición é para novos alumnos e alumnas xa que os que desenvolveron a súa actividade na Escola durante o curso 2019/2020 tiveron a posibilidade de matricularse durante o pasado mes de xuño.