O coro parroquial de Riotorto actuará na igrexa de San Pedro de Mor, en Alfoz, o 31 de xullo.

O coro parroquial de Riotorto ofrecerá un concerto na igrexa de San Pedro de Mor, no municipio de Alfoz, este sábado, día 31 de xullo, ás 20:00 horas.

O Concello de Alfoz anuncia que a entrada é gratuíta con aforo limitado, pero non é necesaria reserva previa. Esta actuación está dentro do programa Musiqueando, da Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo.